Joan Fontaine
(1942) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 22 de outubro de 1917 Toquio, Xapón |
Morte | 15 de decembro de 2013 (96 anos) Carmel-by-the-Sea (Estados Unidos de América) |
Educación | American School in Japan (en) Los Gatos High School (en) International School of the Sacred Heart (en) |
Actividade | |
Ocupación | actriz, actriz de televisión, escritora, decoradora |
Período de actividade | 1935 - 1994 |
Empregador | Warner Bros. |
Familia | |
Cónxuxe | Alfred Wright, Jr. (1964–1969) Collier Young (1952–1961) William Dozier (1946–1951) Brian Aherne (1939–1945) |
Fillos | Deborah Dozier Potter () William Dozier |
Pais | Walter Augustus de Havilland e Lilian Fontaine |
Irmáns | Olivia de Havilland |
Premios | |
| |
Descrito pola fonte | Obálky knih, The Royal Descents of 600 Immigrants to the American Colonies or the United States (2004) (en) , (p.264) |
|
Joan de Beauvoir de Havilland, nada en Toquio o 22 de outubro de 1917 e finada en California o 15 de decembro de 2013, foi unha actriz de cinema británica, nacionalizada estadounidense.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Naceu en Toquio de pais británicos, pois o seu pai foi profesor de inglés nesa cidade. A súa nai, actriz de teatro, deixou a interpretación ao marchar ao Xapón, pero volvería ao teatro tralo éxito das súas fillas. Debido a súa saúde, a familia instalouse logo en California, pero o pai abandonounos e volveu ao Xapón. Aos dezaseis marchou a vivir con el, graduándose na “American School in Japan”.
Debutou no teatro en 1935 e deseguido logrou un contrato coa RKO, actuando en varios filmes. O papel que a converteu definitivamente nunha estrela foi o de Rebecca, de Alfred Hitchcock. O ano seguinte gañaría o oscar á mellor actriz por Sospeita, do mesmo director, superando a súa irmá, Olivia de Havilland, tamén candidata.
O seu éxito continuou ao longo dos anos corenta, baixando un pouco nas décadas seguintes, nas que tamén se dedicou ao teatro e á televisión. Retirouse definitivamente en 1994.
Filmografía
[editar | editar a fonte]Ano | Filme |
---|---|
1935 | No More Ladies |
1937 | A Million to One |
1937 | The Man Who Found Himself |
1937 | You Can't Beat Love |
1937 | Music for Madame |
1937 | A Damsel in Distress |
1938 | Maid's Night Out |
1938 | Blond Cheat |
1938 | Sky Giant |
1938 | The Duke of West Point |
1939 | Gunga Din |
1939 | Man of Conquest |
1939 | The Women |
1940 | Rebecca |
1941 | Sospeita |
1942 | This Above All |
1943 | The Constant Nymph |
1943 | Jane Eyre |
1944 | Frenchman’s Creek |
1945 | The Affaires of Susan |
1946 | From This Day Forward |
1947 | Ivy |
1948 | Carta dunha descoñecida |
1948 | The Emperor Waltz |
1948 | You Gotta Stay Happy |
1948 | Kiss the Blood Off My Hands |
1950 | September Affair |
1950 | Nacida para o mal |
1951 | Darling, How Could You! |
1952 | Something to Live For |
1952 | Ivanhoe |
1953 | Decameron Nights |
1953 | Flight to Tangier |
1953 | O bígamo |
1954 | Casanova's Big Night |
1956 | Serenade |
1956 | Beyond a Reasonable Doubt |
1957 | Island in the Sun |
1957 | Until They Sail |
1958 | A Certain Smile |
1961 | Voyage to the Bottom of the Sea |
1962 | Tender Is the Night |
1968 | The Witches |
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Joan Fontaine na IMDb (en inglés).